LectUras VIvas
Blog dos clubes de lectura da biblioteca do C.P.R. Plurilingüe Luis Vives Ourense
jueves
miércoles
EU TAMÉN MEREZO UNHA RÚA
Non fai falla dedicarlle moito tempo para ver que non so hai diferenzas entre homes e mulleres no ámbito laboral ou social, tamén as hai no rueiro da cidade. Chegan uns minutos de observación dun mapa de Ourense (e atrevémonos a decir, de calquera cidade) para darse conta de que hai moitas máis rúas "masculinas" que "femininas"; incluso hai máis rúas dedicadas a "nomes comúns", como por exemplo: "rúa das flores" ou "avenida da liberdade", que a mulleres.
Xa vai sendo hora de que isto cambie. Que a muller adquira xa o seu papel protagonista tanto no traballo, como na sociedade, como nos mapas das cidades.
E onde empezar mellor que na rúa do noso propio colexio. Queremos estudar nunha rúa con nome de muller, e quen mellor que ANTONIA FERRÍN, licenciada en químicas, farmacia e matemáticas e que traballou de mestra de escola, de instituto e de universidade. Pero sobre todo ASTRÓNOMA, contadora de estrelas, destacada investigadora, e a primeira muller en defender unha tese de astronomía en España, e un referente para as nenas e mulleres actuais.
Podes saber máis sobre ela e sobre o proxecto "EU TAMÉN MEREZO UNHA RÚA" aquí:
Tamén podes pulsar no seguinte enlace para saber máis
ANTONIA FERRÍN: a contadora de estrelas
martes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)