miércoles

HEXAEIDRO

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS, o Día da Fala, dende o CLUBE DE LECTURA estamos a realizar uns hexaedros con Realidade Aumentada.
En cada cara, na que temos unha caricatura dun escritor galego, estamos enlazando, grazas a app HP REVEAL, un vídeo no que recitamos un poema ou un pequeno texto dos mencionados autores.
Despois, simplemente, terás que seguir o noso canle na mencionada app para velo.
Esperamos que vos guste



 




 

martes

O PRACER DE ESCOITAR

A nai dunha das alumnas do CLUBE DE LECTURA, dentro da actividade O PRACER DE ESCOITAR que estamos a desenrolar este mes en todo o centro con motivo do DÍA DO LIBRO, veunos contar "PEDRAS CON HISTORIA", todos aqueles monumentos e construccións, dende os primeiros homes, que temos no noso contorno.

Tamén coñecimos a historia de Manuel Blanco Romasanta (ou tal vez Manuela), asasino en serie e home lobo, e veciño da zona



lunes

IGUALDADE DE XÉNERO


Dende o CLUBE DE LECTURA, e coa colaboración do Concello de Ourense, realizouse a actividade "IGUALDADE DE XÉNERO" para o alumnado de sexto curso de Primaria. 
Unha psicóloga estivo nas aulas facéndonos ver os "numerosos" comportamentos machistas que temos "sen darnos conta", así como as diferentes accións e actuacións para erradicar esta "lacra social".
Foi unha das tardes máis proveitosas do curso



jueves

ENCONTROS CO AUTOR

Aproveitando que Ledicia Costas visitou o colexio para coñecer a aula que leva o seu nome, dentro do proxecto que se está a realizar en todo o centro baixo o título "AULAS CON NOME PROPIO", dende o CLUBE DE LECTURA aproveitamos para falar con ela.
Foron unhas xornadas de portas abertas, e, como vedes, a biblioteca encheuse.
Grazas