domingo

STOP MOTION

Dende o CLUBE DE LECTURA estamos "convertindo" algúns contos infantís, que hai na biblioteca, en vídeos, coa técnica de stop motion para as nosas compañeiras e compañeiros das clases de infantil.
Esperamos que lles guste










jueves

XOGOS DE MESA

No CLUBE DE LECTURA tivemos unha "cata" de diferentes xogos de mesa

Aínda que temos que recoñecer que o que máis nos fixo pensar e disfrutar foi un nos dispositivos móbiles: "The room"



lunes

MITOLOXÍA

Lendo o libro de Antonio Manuel Fraga "Xildas" sentimos curiosidade pola mitoloxía, pero non só galega, tamén de outros rincóns do mundo.
E, facéndolle caso ao noso mestre cando di que nas bibliotecas está todo o que queiramos saber, investigamos noutros libros, e de todas as historias fantásticas que atopamos encantounos a de Hércules (Heracles, para os gregos) e despois de ler os "Doce traballos" quixemos facer un TALLER DE MONICREQUES para contalo.
Fixemos os escenarios, os monicreques e  o guión das historias













Aquí vos deixamos un dos traballos de Hércules
Esperamos que vos guste


Se queres ver máis "Traballos de Hércules" pulsa AQUÍ